Castro verde
Castro verde, que rodeado
dun pequeno pinarete,
que se brandea co vento
e que parece que xeme
estrofas acompasadas
de Celt e de súa xente;
castro garrido e ben feito,
de recordanzas enxebres,
que entre Zrezo e Carballido
lede e verdexante te ergues,
¡oh canto me prace, canto,
oh canto me prace verte
e admirarte desde lonxe,
castro verde, castro verde!
O corno dos rudos celtas
agora non estremece
teus grandes eidos, agora
o rumor da boa xente
e dos seus cascos e escudos
teu silencio non empece,
e solo se oi o rumor
do teu bello pinarete
que se brandea co vento
e melancólico xeme.
La mirada del bardo te llevará ahora hacia el blanco palomar.