Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Monte da Facha

Vistas monte da Facha

Despois de deixar atrás a praia de Balarés coa súa historia industrial á sombra do arume dos piñeiros, retornamos ao traxecto da ruta de sendeirismo do Camiño da Ribeira (PR-G 148) que nos leva cara ao alto do monte da Facha.

Conforme os pasos ou as pedaladas se van facendo máis duras -este tamén é un sendeiro habilitado para facer en bicicleta-, o esforzo compénsase polas vistas que se abren ao mar. A vila e a baía de Corme ao fondo, a illa da Estrela e as bateas de mexillóns volven recordarnos que este traxecto forestal entre piñeiros, carballos, castiñeiros e outras flores silvestres discorre a carón e en paralelo á ría de Corme e de Laxe.

Escudo dos Moscoso, na casa natal o almirante Mourelle de la Rúa (aldea de Gondomil)

Máis abaixo está o Puntal ou Pedra da Facha. Este era o lugar onde os veciños enxergaban ás frotas inimigas acendendo unha cachela para previr a toda a volta dunha temida invasión. Os veciños recollían axiña gando e pertenzas, agochándose nos montes ata que pasaba o perigo. 

O camiño continúa agora cara á aldea de Gondomil, onde se aprecian mostras de arquitectura tradicional, e cara á Pedra da Serpe, un curioso símbolo pagán cristianizado no que se aprecia un relevo coa forma deste reptil na súa base. 

Nesta aldea de Gondomil, que deu nome a un heroe pondaliano sepultado literariamente no dolmen de Dombate, pódese contemplar o brasón da cabeza de lobo pertencente aos Moscoso, condes de Altamira, na parede da reformada casa natal do almirante Mourelle de la Rúa.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar