Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Monte do Faro

  • Capela monte Faro
  • Monte Faro
  • Detalle monte Faro
  • Detalle monte Faro
  • Monte Faro. Detalle
  • Monte Faro. Capela e monumento
  • Monte Faro. Detalle paisaje
  • Capela monte Faro. Imaxe santo Hadrián

Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús no monte do Faro

O topónimo do monte Faro alude, como o seu nome indica, á súa función de antigo facho. Neste lugar acendíanse lumes para guiar aos barcos ou avisar da chegada da frota inimiga. Este cumio de 231 m sobre o nivel do mar é tamén a sede dun santuario con lenda, o de Nosa Señora do Faro, protectora dos mariñeiros. A súa romaría, moi concorrida, celébrase cada 8 de setembro. A imaxe sae en procesión desde a igrexa de san Xián de Brantuas ata a ermida e volve ao día seguinte.

Antigamente, mentras as embarcacións foron a vela, as mulleres dos mariñeiros viñan ata aquí para cumprir coa tradición de “virar a tella” da capela para que cambiase o vento ou parase a chuvia e os seus homes chegasen a porto sans e salvos.

No adro atópase o monumento de 39 m ao Sagrado Corazón de Xesús (1959) custeado polo emigrante en Sudamérica, Ricardo Pose, e nacido na mesma parroquia de Brantuas. Unha escada de caracol con 133 chanzos permite acceder ao alto para contemplar a mellor panorámica neste tramo de costa e ata onde a imaxinación e a vista o permitan, dos camiños que acabas de percorrer ou dos que aínda tes por diante.

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar