Este é un pequeno porto de embarcacións tradicionais ao que se chega por unha estreita estrada cuberta de densa vexetación forestal.
A carón da rampla do pequeno porto hai unha ringleira de casetas de pescadores onde os traballadores do mar aínda gardan os apeiros de pesca e as barcas.
Con marea baixa, as grandes pedras son un bo lugar secarse tras o baño mentras se mira de fronte cara á praia de Niñóns ou cara ao mar da Costa da Morte.