Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Peixes de río ou peixes do mar?

  • Anguleiro con trueiro
  • Anguleiro con seus apeiros
  • Apeiros dun anguleiro

No río Anllóns atopamos varias especies de peixes de río como a troita (Salmo trutta fario), o peixe (Chondrostoma duriense) e o escalo (Squalius carolitertii) que desenvolven o seu ciclo biolóxico completo en cauces fluvias.

Outras especies moito máis escasas, de feito están ameazadas, alternan a vida no mar e no río dentro do seu ciclo biolóxico. Nestes casos, destaca a lamprea (Petromyzommarinus), cun estatus global seriamente comprometido e que atopa no río Anllóns un enclave valioso para a súa conservación. As lampreas nacen no río (son unha especie anádroma) e despois duns 20 ou 30 meses emigran ao mar, de onde voltan ao cabo dun ano ou dous para reproducirse xa como espécime adulto, facendo o remonte entre os meses de febreiro e maio.

Apeiros dun anguleiro

Outra especie ameazada, aínda que nunha situación menos comprometida ca lamprea, é a anguía (Anguilla anguilla). Trátase dunha especie catádroma, isto é, nace no mar dos Sargazos desde onde chega ás costas europeas e norteafricanas en forma de larva ao cabo de 3 a 7 anos de viaxar polo océano Atlántico grazas á corrente do Golfo. Fronte aos esteiros como o do Anllóns, a larva transfórmase en angula e comeza a remontar o río, adquirindo a súa cor escura no mesmo esteiro. Xa no río pasa de ser amarela a prateada, momento no que acada a madurez sexual e emprenden a viaxe de volta aos Sargazos para reproducirse. 

pesca da angula no esteiro do Anllóns foi unha actividade productiva moi importante para as xentes de Ponteceso que practicaron ata hai uns anos. Na "escurada", entre os meses de outubro e febreiro e dependendo do ano incluso ata a abril, e sempre durante a cabeza da marea, as figuras dos anguleiros a pé distinguíanse por onda a desembocadura do Anllóns. Río arriba e río abaixo da ponte coa súa lanterna e a súa peneira caseira para coar o que apañaban co trueiro. 

Por último atopamos reos (Salmo trutta trutta), similares ás troitas, pero de costumes migratorias pois remonta os ríos para desovar en torno ao mes de agosto.

En conxunto, o río Anllóns e o seu esteiro, conforman un ecosistema de capital importancia para a conservación dos nosos peixes fluviais e, neste aspecto, hai que lamentar a desaparición do salmón (Salmo salar) co anterioridade aos anos 90. Esta riqueza piscícola tiña ademais a súa importancia na cultura e gastronomía locais, creando usos es costumes a día de hoxe case esquecidas.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar