Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

As aves do litoral de Ponteceso

  • Corvo mariño grande
  • Mazarico real
  • Lavanco
  • Garzota
  • Garza real

Observatorio ornitolóxico Eduardo Pondal

O feito de que este tramo de costa estea incluído nunha ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) danos unha idea da importancia ornitolóxica do tramo litoral do Concello de Ponteceso. Sen dúbida, no conxunto destaca o esteiro do río Anllóns –tamén coñecido como enseada da Insua- onde se poden atopar unha gran variedade de especies, particularmente aves acuáticas e mariñas que, especialmente, recalan neste lugar no inverno e durante os pasos migratorios.

O número de aves que se teñen rexistrado no esteiro do Anllóns ascende a 289 sendo, con probabilidade, o lugar de Galicia coa cifra máis elevada.

Chegadas de ultramar

Garza real

Outro aspecto destacable do esteiro do río Anllóns é que por proximidade xeográfica e debido aos ventos procedentes do Atlántico, é un dos mellores puntos de Europa, tras as Illas Británicas e as illas centrais do Atlántico norte, para a observación de aves norteamericanas. Aquí contabillízanse ata 26 as especies deste continente do outro lado do océano localizadas na zona.

A modo de exemplo, hai que mencionar que esta é a única cita que na Península Ibérica teñen o mergullón cincento americano (Podiceps grisegena holboellii), a píldora dourada americana (Pluvialis dominica), o asubiador americano (Anas americana), a cerceta de carolina (Anas carolinensis), ou o pato bóla (Aythya affinis), etc.

Curiosamente, non só aparecen especies norteamericanas divagantes, senón tamén especies norteafricanas como a corredeira (Cursorius cursor) ou o pedreiro do deserto (Oenanthe deserti).

Descargas

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar