Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Inverno

Camiño de Balarés

¡Que o tempo de inverno non sexa impedimento para explorar estes camiños! Escolle as xornadas máis clementes para gozar dos cambios que o frío deixa na paisaxe intermareal e marítima.

O azul grisáceo do mar e o intenso olor a sal que desprenden as ondas acompañarate nos case doce quilómetros da ruta Camiño da Ribeira (PR-G 148) entre Ponteceso e Corme.

Algo máis se tes folgos para sentir o esplendor da paisaxe da Costa da Morte no tramo alternativo entre Corme e cabo Roncudo ou se queres facer a volta ata a capital municipal pola variante que sube desde a Pedra da Serpe ata o Alto dos Loureiros e acaba no monte Branco (PRG-148.1).

Na ruta Pondaliana atoparás a vexetación adurmiñada, pero as pólas núas e os verdes máis apagados serán tamén un aliciente para ir recorrendo os catorce monólitos distribuídos entre a capital municipal e o miradoiro do monte Branco lendo cadanseu poema escrito por Eduardo Pondal.

O inverno tamén é tempo para ver o espectáculo dos temporais a carón do mar. Iso si, mellor resgárdate na calor dalgún dos locais adheridos á Rede Turística ou oíndo caer a chuvia contemplando as obras da Fundación Torre-Pujales, Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme.

Non esquezas extremar as precaucións en lugares escorregadizos e ten coidado coas subidas das mareas en determinadas partes do camiño.

Ligazóns

Descargas

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar