Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Historia e xente

Moitas son as voces que poden falar do presente e do futuro do mar de Ponteceso. Tamén hai moitas outras que nos falan dun pasado non tan afastado no que destaca Mourelle de la Rúa, almirante da Armada Española e explorador ilustrado orixinario de Corme que descubriu varias illas nos afastados Mares do Sur e chegou ata a costa de Alasca.

Tampouco hai que esquecerse da tradición da pesca e da cabotaxe. A gran maioría das xentes de Corme viviu da mercante e a gran maioría dos barcos de Corme dedicáronse ao transporte de mercadorías. No Clube de Xubilados da vila, os vellos mariñeiros que agora xogan ás cartas ou ao dominó navegaron durante parte do século pasado en veleiro ou traballaron na cabotaxe a vela. Viaxes que nas que se levaba arxila ata o Mediterráneo e se volvía con sal ou tellas. Uns barcos similares aos que moitos anos antes, a finais do s. XIX chegaban esteiro arriba desde Letonia ou Arxentina ata o porto comercial que dirixía Cesáreo Pondal, irmán do poeta, xusto enfronte da súa casa.

Almirante Francisco Antonio Mourelle de la Rúa

Almirante Mourelle de la Rúa

Segundo o historiador norteamericano Donald C. Cutter as relacións e mapas da expedición do almirante Mourelle de la Rúa polo océano Pacífico "colócano á mesma altura que os capitáns Cook, Bougainville, Malaspina e La Pérouse". Tamén participou no exploración de Alaska en pleno siglo XVIII sendo esta a última gran epopeia da Armada Española.

Ampliar información

José Manuel Ferreiro Chans, historiador

José Manuel Ferreiro Chans, presidente da AAVV de Corme

José Manuel Ferreiro Chans, presidente da AAVV Eduardo Pondal, leva "Corme no corazón", como el mesmo nos conta no seu artigo. Recopilador da historia da súa vila desde ben novo, no seu arquivo particular garda centos de fotos antigas e de documentos de gran valor sobre personaxes como o almirante Mourelle que tamén presentamos nesta sección de "Voces Vivas".

Ampliar información

Jaime Valdés Parga, herdeiro da familia Pondal

Jaime Valdés Parga, herdeiro da familia Pondal

Jaime Valdés Parga é o actual dono da casa do poeta Eduardo Pondal -do que é sobriño neto-, situada ao lado do río Anllóns e da ponte símbolo do municipio. Dos arquivos familiares xurdiu o libro "Ponteceso, el nacimiento de un pueblo" (2009) no que relata o desenvolvemento da vila impulsado por Cesáreo Pondal entre finais do século XIX e principios do XX.

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar