Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Historia e xente

Moitas son as voces que poden falar do presente e do futuro do mar de Ponteceso. Tamén hai moitas outras que nos falan dun pasado non tan afastado no que destaca Mourelle de la Rúa, almirante da Armada Española e explorador ilustrado orixinario de Corme que descubriu varias illas nos afastados Mares do Sur e chegou ata a costa de Alasca.

Tampouco hai que esquecerse da tradición da pesca e da cabotaxe. A gran maioría das xentes de Corme viviu da mercante e a gran maioría dos barcos de Corme dedicáronse ao transporte de mercadorías. No Clube de Xubilados da vila, os vellos mariñeiros que agora xogan ás cartas ou ao dominó navegaron durante parte do século pasado en veleiro ou traballaron na cabotaxe a vela. Viaxes que nas que se levaba arxila ata o Mediterráneo e se volvía con sal ou tellas. Uns barcos similares aos que moitos anos antes, a finais do s. XIX chegaban esteiro arriba desde Letonia ou Arxentina ata o porto comercial que dirixía Cesáreo Pondal, irmán do poeta, xusto enfronte da súa casa.

José Ramón Varela, historiador

Corme - José Ramón Varela

O cormelán José Ramón Varela é, xunto con Eliseo Puñal, autor do libro "Corme. Historia de su mar, sus gentes y sus barcos" polas páxinas do cal desfilan "moitos barcos, persoas e desgraciadamente, demasiados naufraxios". Con esta publicación encheron un baleiro de cinco mil anos na historia de Corme. "Os Camiños do Mar" quixo sumar a súa voz a esta iniciativa.

Ampliar información

Jesús Méndez Torrado, músico

Jesús Méndez Torrado

Jesús Méndez Torrado é o director da Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso. O 14 de xullo de 2006 patroneou na aldea de Froxán, en Corme, unha homenaxe aos 18 músicos de banda nacidos neste lugar a pricipios do s. XX, entre eles o seu pai. Nalgún momento, neste pequeno lugar chegou a haber máis bandas ca veciños.

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar