Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Ruta Camiño da ribeira

Flora e fauna do esteiro do Anllóns

Flora e fauna do esteiro do Anllóns

Nos distintos ambientes que se atopan neste espazo: carriceiras, xunqueiras, extensas praias, dunas e cantís, viven especies animais en perigo de extinción como a píllara das dunas. Tamén descubrirás aves como  o lavanco, a gorzota, a garza real, o parrulo cullerete, o mazarico real ou o corvo mariño grande.

Ampliar información

Sistema dunar da enseada da Insua

Sistema dunar da enseada da Insua

O sistema dunar da enseada da Insua, tamén coñecido como Dunas da Barra, separa o espazo intermareal da ría de Corme e de Laxe. Está formado por un conxunto de dunas móbiles no que a area sobe polas ladeiras do monte Branco ata o Alto das Travesas, onde a vista panorámima é inmellorable.

Ampliar información

Praia de Balarés

Praia de Balarés

Situada nun abrigo da ría de Corme e de Laxe, conta cunha posición privilexiada a carón do monte Branco. Ten forma de enseada, area branca e fina, ondas moderadas e zonas de merendeiro e piñeiral. Sol e sombra para o verán que ata os anos 60 foi sede dunha mina de titanio.

Ampliar información

Monte da Facha

Monte da Facha

Despois de deixar atrás a praia de Balarés coa súa historia industrial á sombra do arume dos piñeiros, retornamos ao traxecto da ruta de sendeirismo do Camiño da Ribeira que nos leva cara ao alto do monte da Facha.

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar