En 2006, o destino quixo que esta vila mariñeira se convertese en sede da Fundación Torre- Pujales, Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (rúa Real, 14) na que se desenvolve unha variada e intensa actividade cultural ademais de ser sede dunha interesante colección na que se atopar os cadros do pintor coruñés Julio Pujales e obras de artistas internacionais de recoñecido prestixio. Sen dúbida, un espazo para a creatividade a carón dun mar inspirador do que nos fala Encarnación Pisonero, patroa da fundación.
Ampliar informaciónO patronato da Fundación Torre-Pujales quere impulsar un amplio programa cultural no que esperan implicar a toda a Costa da Morte para atraer a este territorio un turismo de calidade. A súa sede física, o museo ubicado no centro de Corme está "á altura de calquera capital de provincia europea e que incluso supera a moitos deles", asegura Encarnación Pisonero.
Ampliar información