Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

01-02-2013

Os Camiños do Mar lanza o seu propio xogo online para poñer a proba os coñecementos dos usuarios sobre o territorio

Diploma “Almirante dos Camiños do Mar”

O proxecto de ecoturismo “Ponteceso. Os Camiños do Mar” conta cun xogo online propio para que os usuarios poidan poñer a proba os seus coñecementos sobre o territorio e sobre esta iniciativa activa desde finais do ano pasado.  

Co nome de “Trivial Os Camiños do Mar” os internautas poden entrar na aplicación desde a portada da web www.caminosdomar.com ou desde a sección “Lecer” da mesma. Despois de rexistrase e obter as credenciais, acceden a unha partida. Na pantalla despregaranse un total de 15 preguntas de forma aleatoria coas que o usuario poñerá a proba os seus coñecementos sobre o mar, sobre Ponteceso e a Costa da Morte, sobre persoeiros ilustres e outras curiosidades que lle permitirán descubrir os tesouros que esconde este territorio. A temática é diversa: cultura e etnografía, historia e xeografía, natureza, e ocio e deporte.  

Ao remate da partida, na pantalla amósanse as respostas erradas e as acertadas, así como a cualificación acadada que dá a opción a descargar un diploma co que se recorda o pasado e a tradición mariñeira de Ponteceso. Con 8 preguntas correctas, o xogador é nomeado “Grumete de chalana”; con 10, “Alférez de patache”; e con 15 acertos, entra no clube dos mellores coma “Almirante dos Camiños do Mar”. A aplicación está aberta a repetir tantas veces como se queira.  

Por outra parte, o Concello de Ponteceso dispón dunha versión física deste xogo con 200 preguntas distribuídas nas mesmas áreas de coñecemento e taboleiro, o que dá opción de que participen varias persoas.  

As primeiras rutas 2.0 na Costa da Morte

O Concello de Ponteceso presentou o pasado 19 de outubro o proxecto “Os Camiños do Mar”, una experiencia que mestura o ecoturismo, o patrimonio histórico, a cultura mariñeira e as novas tecnoloxías. 

A iniciativa, financiada con fondos do Grupo de Acción Costeira (GAC), está vertebrada polas rutas de sendeirismo “Camiño da Ribeira” e “Pondaliana”, ao longo das que se emprazaron 30 postes QR en outros tantos puntos de interese. Esta moderna tecnoloxía permítelle ao turista unha áxil interpretación do territorio in situ con só usar un teléfono intelixente. De feito, estas son as dúas primeiras rutas 2.0 da Costa da Morte nas que se minimizou a intervención no medio natural e se vertebraron sendeiros naturais co acceso sinxelo a información e á xeolocalización GPS. 

Ademais dunha potente páxina web dispoñible en catro idiomas -galego, castelán, inglés, éuscaro e catalán-, o proxecto creou un sitio específico para móbiles (www.ponteceso.mobi) e ten contas nas principais redes sociais: Facebook, YouTube, Flirck e Panoramio.

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar