Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

22-05-2013

Corme mostra a súa “arte” en Madrid

Ponteceso e Corme xa están máis preto de Madrid. A presentación do Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (Corme), en Madrid foi todo un éxito, tanto que a Casa de Galicia en Madrid tivo que habilitar un segundo salón para que o público seguise o acto a través dun circuíto pechado de televisión. 

O proxecto da Fundación Torre- Pujales suscitou un grande interese entre os asistentes e recibiu mostras de admiración por parte de expertos no mundo da arte. A presidenta de honra do padroado do Museo Reina Sofía, Pilar Citoler, destacou a forza e o empeño de Cristina Torre Cervigón, viúva do pintor Julio Pujales, en sacar adiante este proxecto, e brindouse a unha posible colaboración entre as entidades que cada unha delas representa.

Pola súa banda, o profesor da Facultade de Belas Artes de Madrid, José María Parreño, destacou o valor do proxecto museístico desenvolvido en Corme e asegurou que "Yo que siempre he sido bastante crítico con la apertura de museos por todo el territorio, tengo que reconocer que pocos me han impresionado tanto como el de Corme". Ademais gabou a recuperación do edificio que alberga o museo e cualificouno como un "gran trabajo de microcirugía". 

Participou tamén o presidente das asociacións española e madrileña de Críticos de Arte, Tomás Paredes, quen afirmou que "La riqueza de un pueblo se mide por la cultura", e á súa vez esta crea demanda, polo que desexou que o Museo de Arte Contemporánea Costa dá Morte sirva para dinamizar a zona. 

Para pechar o acto, o xerente da empresa Aporta Comunicación, Pedro Tasende, presentou coa proxección dun vídeo documental o proxecto de dinamización e turismo experiencial que se está a desenvolver na zona de Ponteceso, " Os camiños do mar", dirixida por dita empresa, e que foi financiado polo Grupo de Acción Costeira 3- Costa da Morte.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar