Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

18-09-2012

Experiencia de turismo mariñeiro en Boiro

Un grupo de hostaleiros e profesionais do mar de Ponteceso visitaron o pasado 17 de setembro a vila de Boiro para coñecer de primera man o destino turístico Arousa Norte e como se desenvolveu un produto vinculado ao mar. Neste caso, ao mexillón, o maior recurso desta zona de Galicia. A experiencia serviu para analizar o traballo conxunto das empresas de turismo mariñeiro desta área e a promoción mutua que fan uns dos outros en aras do beneficio común.

Explotación dos recursos propios

Experiencia de dinamización turística en Boiro

Durante a visita, mostrouse o proceso do cultivo do molusco que despois se sirve nas mesas dos restaurantes locais no chamado “Menú Bateeiro”. Os mexillóns preséntanse con decoración propia e envoltos nas historias lendarias das conserveiras da vila que seguen baseando a súa produción nun mexillón que venden nos establecentos locais. Tendas que tamén ofrecen a típica tarta de San Ramón. O grupo tamén tivo tempo para o turismo durante unha travesía entre bateas á illa de Areoso e charla coas empresas náuticas da zona.

A experiencia tamén serviu para que os empresarios adoptaran durante unhas horas o papel de turistas mariñeiros para comprender os intereses que teñen os visitantes a un destino turístico.

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar