15-09-2012
Hostaleiros e profesionais do mar de Ponteceso asistiron os días 12, 13 e 14 de setembro a un curso no que a profesora, Marta Rodríguez, lles dou nocións para aprender a aproveitar os recursos propios relacionados coa riqueza marítma da contorna.
Loli Rubido, xerente da empresa Roteiros de Ortigueira, foi unha das relatoras que lles explicour a súa experiencia no sector do turismo mariñeiro e en concreto, o seu traballo de posta en valor das algas. Un dos productos que mostrou, e probou, durante as charlas que se impartiron na Confraría de Pescadores de Corme foi un licor feito con esta planta.