Como chegar
A mellor referencia para achegarte a Ponteceso é tomar a vila de Carballo como punto de partida. Está situada a 33 kilómetros da Coruña pola AC-552 e a 45 km de Santiago de Compostela (AC-1914). Desde Carballo, sigue logo a AC-414 en dirección a Malpica e en Buño (9,5 kilómetros) e colle o desvío a Ponteceso pola AC-422.
Distancia total:
- A Coruña - Ponteceso: 54 km
- Santiago – Ponteceso: 66 km
Estradas pintorescas con interese turístico: - AC-424. De Ponteceso a Corme. Pasa preto da praia de Balarés e do monumento de 39 m ao Sagrado Corazón de Xesús (con escaleiras interiores para subir ata o mirador) para baixar logo ata Corme Porto.
- AC-430. De Ponteceso a Malpica e de Ponteceso a Cabana e a Laxe (AC-431) bordeando a costa da ría de Corme e Laxe.
- AC-423. Cara á AC-552, da Coruña a Fisterra, sube a AC-423 de percorrido accidentado por frondosas paisaxes para empalmar con ela en Agrilloi (Agolada).
Os
aeroportos internacionais de Galicia (Alvedro - A Coruña, Lavacolla - Santiago de Compostela e Peinador – Vigo) comunícanse por unha moderna autoestrada e rede de estradas que facilita a chegada ao Concello de Ponteceso. Igualmente, existen boas comunicacións ao municipio en liñas de autobús desde Carballo, con frecuentes conexións desde A Coruña e Santiago de Compostela.
Ligazóns
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar