Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Lecer

O mar cambia coas estacións... Descúbreo!

Primavera

As cores máis vigorosas do ano espertan tras o letargo imposto e a climatoloxía ofrece xornadas clementes para espantar a preguiza do recollemento invernal.

Verán

Os días máis longos son un aliciente para explorar o litoral e o espazo intermareal do esteiro do río Anllóns e porque non, dar un baño nalgunha das nosas praias!

Outono

A luz cálida e as tonalidades ocres configuran un novo escenario sobre o que descubrir como plantas e animais se preparan para o inverno.

Inverno

Busca unha fiestra que sirva de marco para ver o espectáculo dos temporais ou o lintel dunha porta para ver caer a chuvia e ulir o intenso olor a mar que traen as ondas máis bravas…

As cores do mar
Durante cada estación, o río, o mar, a paisaxe marítima e o espazo intermareal do esteiro do Anllóns ofrecen unha paleta de cores de gran beleza que aumenta, se intensifica e muda coas distintas épocas do ano. Nos días nubrados, cando camiñes polo sistema dunar da enseada da Insua sorprenderaste coa luminosidade que te vai rodear e nas xornadas estivais de máis sol, os raios crearán un bonito e cautivador efecto sobre a agua da xunqueira ou do mar en calma. Queres descubrir todos estes segredos?

Trivial

Trivial

Queres poñer a proba os teus coñecementos sobre o mar e os ilustres personaxes de Ponteceso? E sobre outras curiosidades deste territorio da Costa da Morte para coñecer moito mellor os seus tesouros? Anímate a botarlle unha partida ao noso Trivial!

Trivial
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar