Desde o 27-10-2012 ata o 27-10-2012
A Fundación Eduardo Pondal do Couto xa abriu o período de inscrición para participar no safari literario-fotográfico polo Roncudo que conducirán a escritora María Canosa e a fotógrafa Ana García. Será na mañá do próximo sábado 27 de outubro a partir das 11.00 horas.
O punto de partida é a sede da fundación, onde se inaugurará unha exposición, e despois sairáse cara ao cabo. Os interesados en anotarse deben enviar unha mensaxe ao correo electrónico fundacioneduardopondal@gmail.com.