Desde o 21-03-2013 ata o 25-03-2013
O Concello de Ponteceso programa unha ruta de sendeirismo pola costa do municipio. Será o Xoves Santo, día 28 de marzo, e seguirá a ruta PR-G 148 entre Ponteceso e Corme pola costa, chamada tamén “Camiño da ribeira”.
Para asistir hai que inscribirse ata o luns 25 de marzo (inclusive) a través do teléfono 981 714000 o do correo turismoponteceso@ponteceso.net.
Saldrá ás 10.00 da mañá da Praza del Relleno de Ponteceso e rematará ao mediodía no porto de Corme. Se hai xente suficiente ofrecerase comer no restaurante Mar de Balarés, e se o clima o permite, pola tarde visitaranse lugares significativos como o Cabo Roncudo, o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte, a torre do Monte Faro...