Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Esteiro do Anllóns e xuncal pequeno

  • Xunqueira
  • Malécon e xunqueira. Tamargueiras (arbusto) ao fondo
  • Cerca con marca de ruta de sendeirismo
  • Malécon e xunqueira
  • Malécon e xunqueira
  • Bóveda vexetal camiño do malecón do Couto

A unión do río Anllóns e do océano Atlántico forma un medio moi productivo e con gran dispoñibilidade de alimento para a fauna que aquí habita. Denomínase esteiro do Anllóns ou enseada da Insua. Protexido coas figuras LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Costa da Morte da Rede Natura 2000 e ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) Costa da Morte Norte, abarca unha extensión de 1.145 ha.

A ruta de sendeirismo Camiño da Ribeira (PR-G 148) chega a este punto despois de cruzar o malecón –un dique de terra e pedra-, o coñecido como malecón do Couto e as marismas onde medran plantas tan interesantes como a espartina (Spartina maritima), o verdello (Salicornia ramosissima), os xuncos (Juncus maritimus), a canaveira (Phragmites australis), a espadana (Scirpus maritimus), etc.

Dende o coñecido como xuncal pequeno, preto do lugar de Currás e do Couto, o camiño segue ata o observatorio ornitolóxico que ves de fronte. Neste punto, esta ruta de sendeirismo entronca coa ruta Pondaliana.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar