Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Flora e fauna do esteiro do Anllóns

  • Dunas da barra
  • Observartorio dos medios
  • Enseada da Ínsua

Nos distintos ambientes que se atopan no espazo que abarca o esteiro do Anllóns: carriceiras, xunqueiras, extensas praias, dunas e cantís, viven especies animais en perigo de extinción como a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Descubrirás tamén outras aves como o lavanco (Anas platyrhynchos), a gabita (Haematopus ostralegus), a gorzota (Egretta garzetta), a cerceta (Anas crecca), a garza real (Ardea cinérea), o parrulo cullerete (Anas clypeata), o mazarico real (Numenius arquata) ou o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo). O observatorio ornitolóxico Eduardo Pondal co que te atoparás á beira do río é un excelente lugar para o avistamento de aves. Só hai que ter paciencia....

¡Sube ata o observatorio ornitolóxico e bota unha ollada de arredor! ¡E se tes prismáticos, aínda mellor!

 

Illa dos Cagallóns e Dunas da barra

Conforme reanudes a marcha, fíxate no illote que se levanta no medio do esteiro:, é a illa dos Cagallóns, un importante hábitat para aves autóctonas e migratorias, terrestres ou mariñas.

O esteiro do Anllóns é un importante lugar de tránsito a nivel ornitolóxico, por iso a súa denominación como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Aquí paran especies que realizan rutas migratorias desde Europa, Asia, África e mesmo América do Norte. Hai espécimes que chegan a voar 11.000 km sen parar. Os pescadores tamén adoitan vir ata aquí para coller senrada (cebo composto por miñocas) durante a marea baixa.

Máis adiante, desde o alto do sistema dunar da enseada da Insua terás unha excelente panorámica da zona.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar