Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Sistema dunar da enseada da Insua

  • Monte Branco
  • Praia da Barra ou do Medio
  • Berberechos do Anllóns
  • Dunas da Barra
  • Area na aba do monte Branco
  • Vista desde o alto do monte Branco
  • Mariscadoras do Anllóns
  • Mariscadora con rancaño (apeiro)
  • Mariscadoras do Anllóns
  • Mariscadoras do Anllóns
  • Berberechos do Anllóns

O sistema dunar da enseada da Insua, tamén coñecido popularmente como Dunas da Barra, separa o espazo intermareal da ría de Corme e de Laxe. Está formado por un conxunto de dunas móbiles de casi 2 km de lonxitude e 400 metros de anchura media. A area sobe polas ladeiras do monte Branco ata o Alto das Travesas, onde a vista panorámima sobre Ponteceso, Cabana e a ría é inmellorable.

Se miras cara ao mar, verás como as dunas se abren ao océano Atlántico na praia do Medio ou da Barra á que se accede desde a PR-G148 desviándote por un sendeiro que pasa a carón delas, sen invadilas.

Aínda que este poidera parecer un lugar sen perigo, o poeta laxense Antón Zapata contaba “que as mulleres de Laxe, cando senten bruar na Barra, coñecen que morreu alguén no mar“.

No sistema dunar medra unha atractiva paisaxe onde a flora ten un papel fundamental para fixar a area. Aquí dáse a embigueira de area (Omphalodes littoralis), unha planta en perigo de extinción que mantén neste lugar unha importante poboación para a súa conservación.

Tamén hai feos (Ammophila arenaria); cebolas das gaivotas (Pancratium maritimun); cardos da ribeira (Eryngium maritimum), carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus) ou leitaregas (Euphorbia paralias), entre outras especies.

Desde este punto tes unha boa panorámica da illa dos Cagallóns e nos días de marea, na baixamar, poderás distinguir ás mariscadoras da Agrupación Río Anllóns collendo berberecho, un dos manxares destas augas.

Do outro lado do esteiro, en territorio do Concello de Cabana, verás o núcleo de Cánduas. Desde aquí, onde segue viva a tradición da carpintaría de ribeira, hai anos que saían as lanchas que levaban aos veciños por mar ás festas de Corme, con parada en Balarés, evitando así un percorrido máis longo por estrada. 
 

Por que o monte Branco é branco?

As correntes mariñas teñen enerxía de sobra para transportar materiais en suspensión como area e partículas de cunchas de moluscos que se depositan naqueles puntos onde diminúe esta forza para formar praias e frechas areosas, como é o caso da praia do Medio ou a praia de Balarés.

Monte Branco e praia do Medio ou da Barra

Unha vez acumulada a area, é o vento o que se encarga de transportala dando lugar a sistemas dunares, que son consecuencia deste tipo de modelado eólico. Neste sentido, a praia do Medio ou da Barra é un exemplo magnífico onde se poden observar dunas con diferentes niveis de estabilidade debido a súa menor ou maior fixación proporcionada co tempo polas plantas especializadas nestes espazos.

Moi preto delas atópase unha curiosa formación xeomorfolóxica no coñecido como monte Branco. Trátase dunha ladeira próxima á praia pola que, en virtude da súa orientación, a barlovento, os grans de area das dunas foron trepando pouco a pouco dando lugar ao que se denominan dunas rampantes e que na Costa da Morte reciben o nome de “montes brancos”. De aí o topónimo. Outros exemplos na área da Costa da Morte poden verse na enseada de Trece en Camariñas, e en Soesto, no veciño municipio de Laxe.

Ligazóns

Descargas

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar