Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Praia de Balarés

  • Praia de Balarés
  • Praia de Balarés
  • Merendeiro Praia de Balarés
  • Praia de Balarés
  • Praia de Balarés
  • Escultura de araña no porto de Balarés

Antigo porto estratéxico e mina de titanio a pé do mar

Situada nun abrigo da ría de Corme e Laxe, conta cunha posición privilexiada a carón do monte Branco. Ten forma de enseada, area branca e fina, ondas moderadas e zonas de merendeiro e piñeiral con mesas e grellas nas que pasar unha gran xornada estival. Sol e sombra para o verán. Conta con todos os servizos, WC adaptados e ramplas de acceso.

Desde hai uns anos, cada verán celébrase neste espazo un festival de musical con moita sona entre os máis novos.

Praia de Balarés

Aquí, neste extremo lúdico baixo a aba do monte Branco e xusto onde se atopa o piñeiral, estivo situada a mina de Titania entre o 1935 e o 1964, pertencente á empresa Caolines de Laxe. Foi descuberta polo xeólogo local e sobriño neto do poeta Eduardo Pondal, Isidro Parga Pondal, e explotada polos irmáns Fernández López, impulsores tamén de Pescanova e Zeltia.

Nela, mulleres e homes de Ponteceso traballaron na extracción de titano que se embarcaba no peirao do outro extremo do areal xunto co wolframio que chegaba da mina de monte Neme, situada no veciño municipio de Carballo.

Riqueza inesperada para a contorna

Praia de Balarés, piñeiral onde estivo situada a mina de Titania

O uso que se lle daba ao titanio non está claro. Especúlase se empregaba na industria farmacéutica ou incluso para elaborar o raspadoiro das caixas de mistos. O que máis se dicía era que este material se destinaba á blindaxe de carros de combate e ao fortalecemento de proxectís durante a Segunda Guerra Mundial. O que hai de certo é que o titanio saía en barco de Balarés e ía para Unquinosa, unha empresa dirixida por alemáns radicada en Bilbao. Ademais de supoñer a incorporación da muller ao traballo, Titania ofreceu tamén unhas boas condicións laborais que incluían pagas extra, economato e servizo médico propio.

A historia de Titania non foi moi longa. Os empregados máis novos sentíronse atraídos pola prosperidade doutros países. O fenómeno da emigración dos anos 60 abocou á mina a perder man de obra e, isto unido ao feble mercado do titanio, provocou a súa desaparición.

Hai uns anos, a Deputación da Coruña restaurou as paredes e o cargadoiro da mina para dar servizos á praia. Explorando un pouco, poden verse os restos das piscinas nas que se separaba o rútilo, o óxido de titanio, da area da praia. Como curiosidade, hai que mencionar que nos anos 2000 e 2001, o edificio da cafetaría (dos arquitectos Carlos Quintáns, Antonio Raya e Cristóbal Crespo) recibiu unha mención na sección de Intervencións en espazos públicos dos premios Bianual e Julio Galán Carvajal, ambos os dous promovidos polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar