Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Praia do Osmo

  • Praia do Osmo
  • Camiño entre a praia da Ermida e a do Osmo
  • Vistas desde o camiño entre a praia da Ermida e a praia do Osmo
  • Reproducción dun mural de Luis Seoane no camiño á praia do Osmo

Praia do Osmo

Esta é unha praia en forma de media cuncha situada na contorna semiurbana e moi próxima á praia da Arnela e ao núcleo de Corme Porto, ao que se chega (200 m) seguindo un agradable sendeiro de pedra pola ruta Camiño da Ribeira (PR-G 148). 

De area branca e fina, está ben resgardada do vento e as súas ondas moderadas permiten baños tranquilos. Conta con todos os servizos e WC adaptado. No horizonte destacan as bateas de mexillóns e a zona de fondeo de embarcacións no porto de Corme (a 500 m da praia). 

O antropólogo cormelán Manuel Cousillas Rodríguez conta (Literatura popular en la Costa de la Muerte, 1998) que na Furna do Osmo -na que desde hai uns anos se celebra un festival musical folk-rock no verán- moraba un "demo verde" que atraía aos mariñeiros para facelos naufragar nestes cantís. Daquela, a virxe da Estrela veu dende a súa capela na illa da Ermida e botou fóra a este diaño. Como testemuña do milagre aínda quedan nas rochas os "pasos" ou pegadas da Virxe entre os areais do Osmo e da Ermida.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar