Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Fun polo camiño do Couto

Fun polo camiño do Couto

Os camiños, os matos montesíos,
os garridos ensoños, os lindeiros;
os cantos saüdodos, os resíos,
os cómaros, os pinos, os regueiros;
as promesas, os trunfos, os desvíos,
as doces esperanzas, os sendeiros:
todo me dá suidades e triganzas,
todo me trae punxentes memoranzas.

Da xa pasada xunventú, queridos
amigos, e tamén da miña infancia,
para de min vós serdes esquedidos
nada pode o pesar, nada a distancia;
non pode o ferro, non os tempos idos,
meus recordos borrar, miña constancia:
pois neste mundo todo amor fallece,
non esquezades quen vos non esquece.



Sigue a mirada de Pondal cara ao seguinte monolito situado a só uns pasos de distancia.

Audios

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar