Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Ese pobo renace, resurxe, non morre

Ese pobo renace, resurxe, non morre

Aquel pobo que, imbécil e brando,
non honra os maiores,
ese pobo, en verdade, perece
e corre a vil morte.
Mais aquel que en magníficos marbres
profunda os seus nomes,
ese pobo, ese pobo renace,
resurxe, non morre.

As proezas dos padres ilustres
emulen os fillos,
e se foren a oprobio obrigados
de inxusto enemigo,
nese marbre sublime acenando
seus grandes, seus ínclitos:
«Lede, -digan-, se ler tales nomes
vós fórades dignos».

¡Non do galo belíxero as hostes,
os raudos cabalos;
non do gran Mississipi insidioso
o torpe aligátor;
non o ferro homicida, non fogo,
non duro traballo
poderán quebrantar os robustos
gallegos ousados!


Xusto enfronte do monolito no que podes ler o título deste poema, “Ese pobo renace, resurxe, non morre”, atópase a Fundación Eduardo Pondal. Na antiga reitoral de San Tirso de Cospindo atópase desde o 13 de decembro do 2008 a Fundación Eduardo Pondal, dedicada á divulgación da obra deste poeta e a un amplo abano de actividades de dinamización cultural. Sobre todo en maio, mes do Día das Letras Galegas, aquí desenvólvese un intenso programa cultural e literario con diversas accións. Podes coñecelo a través da páxina web municipal www.pontecesto.net.

Vídeos

Audios

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar