Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Había unha princesa moura encantada

Pide un desexo

Había unha princesa moura encantada

O Pozo da Señora é un lugar do río da profunda Cause de Lagares onde se conta, habita unha princesa moura encantada.

Sube ata o lugar desde onde cae a fervenza. Ten coidado coas follas escorregadizas e cos ocos do terreo. Párate na pequena explanada e cumpre co ritual vencellado a este lugar máxico. Pecha os ollos un minuto. ¡Non os abras! E pide un desexo non material. Este é o requisito básico para que se cumpra. Ó mellor non se fai realidade de inmediato, pero si co paso do tempo ó longo da túa vida na forma que menos esperas…

En escadrón formados

Volve agora onda ó Pozo da Señora e sigue a mirada de Pondal. Un pouco máis adiante, atoparás o seguinte monolito da ruta Pondaliana que leva por título “En escuadrón formados” para continuar ata o seguinte punto, o coñecido como Chan das Travesas, en parelelo á ribeira e por unha senda pedregosa. Antigamente, este era un antigo camiño da carros de bois.

Polo baixo cantando,
o boo bergantiñán,
co’aguillada ó lombo
e garboso ademán,
que á Ponteceso leva,
en noite de lüar,
grave o carro de táboas,
anteposto quezais,
por cousas que n’esprica
dun fondo e vago afán,
mil escuras suidades
ceibando ós ecos vai
e da patria a punxente servidume
parece recordar.

Ó pé do castro verde
ben os mira ó pasar,
que en masa escura e informe
axuntados están,
e na nativa costa
os escuita fungar:
parécelle que soan
intrépido compás,
cuida que do combate
murmuran o siñal,
en escadrón formados,
cal xente de Breogán,
en falanxe de ferro ben tecida
que se apresta a luitar.

Audios

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar