A pequena aldea do Roncudo, a dous quilómetros de Corme, ofrecerache unha mostra de arquitectura tradicional ben conservada e adaptada á contorna e á dura climatoloxía das zonas máis próximas á costa.
Paredes e muros cegos alí onde o vento do mar e os temporais sopran con máis forza.
Preto de aquí atópase a praia da Barda e outra zona de marisqueo, menos accesible que a do Roncudo, chamada A Percebellosa.