Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Praia da Arnela

  • Praia da Arnela
  • Barcas no paseo marítimo Mosqueira Manso
  • Baixada da rúa Real cara á praia da Arnela
  • Baixada da rúa Real cara á praia da Arnela
  • Vistas camiño da praia da Arnela
  • Apeiros de pesca secando no paseo marítimo Mosqueira Manso
  • Praia da Arnela



Praia da Arnela

Moi próxima ao núcleo de Corme Porto e á praia do Osmo por un paseo que mira ao mar (tramo da PR-G 148), é ideal para gozar dun ambiente tranquilo e pouco masificado. Resgardada do vento, ten forma de media cuncha, area branca e fina e ondas moderadas.

Desde aquí tamén se ve este anaco da ría de Corme e Laxe salpicada de bateas de mexillóns e a zona de fondeo no porto de Corme. No verán conta con todos os servizos e baños adaptados.

Desde o paseo marítimo, que recibe o nome do ictiólogo e cartógrafo José María Mosqueira Manso, poderás distinguir ao lonxe o monumento ao Sagrado Corazón de Xesús no alto do monte do Faro.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar