Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

O litoral de Ponteceso

  • Rochas con mexillóns
  • Rochas con percebes
  • O litoral de Ponteceso
  • Rochas con percebes
  • O litoral de Ponteceso

Aínda que a simple vista desde terra, a costa rochosa batida violentamente e con moita frecuencia polas ondas poidera parecer un lugar pouco propicio para a vida, a realidade é completamente diferente. As diferentes alturas que o mar acada coas mareas e a forza da oleaxe axudan a delimitar unha serie de franxas que permiten aproximarse á gran biodiversidade existente.

Litoral de Ponceso

A terra que hai máis preto da costa é o lugar propicio para a existencia de plantas adaptadas a tan duro medio como a famosa herba de namorar (Armeria maritima), vencellada ao rituais do coñecido santuario de santo Andrés de Teixido (norte da provincia da Coruña); o pirixel de mar (Crithmun maritimun); ou liques e algas como a corbela ou pataca (Fucus spiralis), entre outras. Tamén se dan caramuxos ou minchas e lapas, arneiróns (Balanus perforatus), mexillóns (Mytilus galloprovincialis), nécoras (Necora puber), cangrexos ermitáns (Diogenes pugilator), ourizos e estrelas de mar. 

E xa nos puntos moi expostos á forza das ondas, alí onde as condicións son máis duras como na punta do Roncudo, danse os curiosos percebes (Pollicipes cornucopia) que aínda que sorprenda, son da familia dos crustáceos como os lumbrigantes, os camaróns, os cangrexos ou os langostinos. De feito, os mellores percebes contan que son os do inverno cando hai máis vagas de mar. E incluso mellores son os coñecidos popularmente como “percebes rá”, aqueles que están nos ocos máis fondos sen ver nunca a luz.

Xa no mar aberto, nadan mamíferos mariños como os arroaces (Tursiops truncatus) e pequenas e ameazadas toniñas (Phocoena phocoena).

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar