Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Jesús Méndez Torrado, músico

Jesús Méndez Torrado (Suso de Basilio) é o director da Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso. Gústalle escribir e remexer na historia, sobre todo na que ten máis próxima, na da súa vila natal. Esa pode ser unha das razóns polas que naceu o libro "A música en Corme" (20008) no que fai un repaso da historia musical desta parroquia pontecesana onde a música sempre tivo un protagonismo especial. Se poñemos referencias, desde o porto no que os mariñeiros cantaban as habaneras que traían doutras terras ata a música de banda que tivo o seu máximo exponente na aldea de Froxán. Neste pequeno lugar, o 14 de xullo de 2006, Méndez Torrado patroneou unha homenaxe aos 18 músicos de banda nacidos neste lugar a pricipios do s. XX entre eles o seu pai.

"Coma o Couto, coma Cerqueda, coma Mens, coma Segufe, coma Borneiro, coma Verdillo, Froxán é unha das aldeas máis singulares de Galicia. Non pola súa constitución física (...) senón porque que gran parte das décadas do século XX era a capital dos músicos de banda do país.

Nalgún momento do século pasado, chegou a ter máis músicos de banda que casas. Compoñentes de varias xeracións dunha mesma casa formaban parte das famosas bandas de música de Corme. Isto será feito suficiente para convertelo nun importante fito cultural.

Agás nos veciños máis próximos, toda esta memoria musical era descoñecida. Non obstante, coa lembranza dos 18 músicos de Froxán quíxose desterrar para sempre este esquecemento cultural (...)."
 
"A música en Corme" (2008)

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar