Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Novos horizontes

En 2006, o destino quixo que esta vila mariñeira se convertese en sede da Fundación Torre- Pujales, Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (rúa Real, 14) na que se desenvolve unha variada e intensa actividade cultural ademais de ser sede dunha interesante colección na que se atopar os cadros do pintor coruñés Julio Pujales e obras de artistas internacionais de recoñecido prestixio. Sen dúbida, un espazo para a creatividade a carón dun mar inspirador do que nos fala Encarnación Pisonero, patroa da fundación.

Encarnación Pisonero, patroa da Fundación Torre-Pujales

Encarnación Pisonero, patroa da Fundación Torre-Pujales

O patronato da Fundación Torre-Pujales quere impulsar un amplio programa cultural no que esperan implicar a toda a Costa da Morte para atraer a este territorio un turismo de calidade. A súa sede física, o museo ubicado no centro de Corme está "á altura de calquera capital de provincia europea e que incluso supera a moitos deles", asegura Encarnación Pisonero.

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar