Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Ruta Camiño da ribeira

Corme Porto

Corme Porto

O mar de Ponteceso e o de Corme en particular, é fecundo en bos e aguerridos mariñeiros. O seu calado fixo del un bo lugar para barcos de gran porte. Adentrándonos xa no entramado urbano, non te podes esquecer de dar un paseo polos antigos barrios para recordar o pasado mariñeiro impregnando a arquitectura urbana.

Ampliar información

Berce de persoeiros ilustres e sede de novas iniciativas

Berce de persoeiros ilustres e sede de novas iniciativas

Nesta ruta atoparás a pegada de intrépidos mariños ilustres nacidos nesta terra e historias anónimas dos mariñeiros de Corme, tal vez por iso Corme sexa a sede da Fundación Torre- Pujales, Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte no que se desenvolve unha variada actividade cultural.

Ampliar información

Cabo Roncudo

Cabo Roncudo

Do porto de Corme sae unha estrada que prolonga a ruta cara ao cabo Roncudo. A carón do mar, case tocando os cantís co brazo estendido pódese gozar dunha agreste paisaxe que vai cambiando coa luz do día. Desde aquí hai unhas excelentes vistas.

Ampliar información

Aldea do Roncudo e praia da Barda

Aldea do Roncudo e praia da Barda

A pequena aldea do Roncudo atópase moi preto do núcleo de Corme. Alí atoparás unha mostra de arquitectura tradiconal ben conservada e adaptada á dura climatoloxía das zonas máis próximas á costa. Desde aquí podes dar un paseo ata a próxima praia da Barda.

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar