Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

Ruta Camiño da ribeira

Porto de Santa Mariña

Porto de Santa Mariña

Santa Mariña é un pequeno porto de embarcacións tradicionais ao que se chega por unha estreita estrada cuberta de densa vexetación forestal. A carón da rampla hai unha ringleira de casetas de pescadores onde aínda gardan os apeiros de pesca e as barcas.

Ampliar información

Playa de Niñóns

Praia de Niñóns

Situada entre dous montes nunha contorna rural, Niñóns é unha praia con forma de enseada, de area branca e fina. Andando polo camiño que discorre pola dereita do areal, atoparás un remanso de auga que o mar forma ao entrar nesta enseada e que se coñece popularmente como o "lago".

Ampliar información

Monte do Faro

Monte Faro

Neste lugar acendíanse lumes para guiar aos barcos ou avisar da chegada da frota inimiga. Este cumio é tamén a sede dun santuario con lenda, o de Nosa Señora do Faro, protectora dos mariñeiros.

Ampliar información

Alto dos Loureiros

Alto dos Loureiros

Chegados ao porto de Corme e finalizado o traxecto da ruta de sendeirismo Camiño da ribeira, podes voltar cara a Ponteceso pola variante que levará desde a Pedra da Serpe polo Alto dos Loureiros ao miradoiro do monte Branco.  ¡Unha alternativa para ter unhas vistas panorámicas da ría de Corme e de Laxe e do esteiro do Anllóns desde outra perspectiva!

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar