Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

O mar do Anllóns

Varios son os oficios que naceron, e nalgúns casos continúan, arredor do "mar do Anllóns", no último tramo do río antes de converterse na ría de Corme e de Laxe. Na vila de Ponteceso aínda se recorda o traballo dos anguleiros, uns pescadores que na liña das xunqueiras se dedicaban en noites frías e de chuvia a coller angulas con só unha lanterna e cun trueiro. Esta práctica está hoxe desaparecida debido á prohibición de pesca. Na memoria colectiva tamén queda a pesca da solla coa arte da fisga.

Cando a marea baixa, as pequenas e rápidas figuras que se ven poden ver un pouco máis adiante, no entorno das Dunas da Barra, son mariscadoras. O marisqueo é unha fonte de traballo nesta zona, especialmente para as mulleres. Elas protagonizan -na Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns só hai un home- a explotación do esteiro do Anllóns. Nesta zona da Rede Natura 2000 desenvolven un plan para a extracción de berberecho, un produto de alta calidade que se dá con moita facilidade nesta enseada.

Ampliar información

Julia Haz Barrientos, mariscadora

Julia Haz Barrientos

Julia Haz Barrientos é a presidenta da Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns que se dedica á extracción dun dos manxares con nome propio que se dan no esteiro: o berberecho do Anllóns. Con máis de dúas décadas de experiencia ás súas costas, cóntanos como é o seu traballo rodeadas dun espazo natural de gran beleza.

Ampliar información

Venancio Fernández Rama, anguleiro

Venancio Fernández Rama

En que estación do ano se collen as angulas? E onde? Que aparellos se empregan nesta tarefa? A todas estas preguntas responde Venancio Fernández Rama, veciño da parroquia pontecesana de Tella e anguleiro afeccionado durante case medio século.

Ampliar información
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar