Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

04-01-2013

Mourelle de la Rúa, o "almirante" esquecido

Na completa reportaxe de seis páxinas (90 a 95) de Historia de Iberia Vieja, o autor, Javier García Blanco, explica a historia de deste mariño cormelán que morreu con 70 anos deixando unha brillante folla de servizos tanto pola súa grande achega na exploración das augas máis setentrionais do Pacífico coma polas súas fazañas militares.

Reportaxe sobre Mourelle de la Rúa en revista Historia de Iberia Vieja

Os diarios da bordo de Mourelle son documentos de gran valor e auténticos testemuños escritos das súas expedicións xa que relatan con todo luxo de detalles as súas viaxes. Non só anotaba coordenadas e apuntamentos náuticos, senón que incluía descricións xeográficas e etnográficas de gran valor, entre elas dos indíxenas que se encontraba, de aspectos e costumes.

Precisamente, un destes diarios, o escrito con motivo da exploración de 1775 na que tiña como obxectivo alcanzar os 65º de latitude norte, caeu en mans de James Cook. O mariño inglés usou as indicacións de Mourelle para trazar a derrota da súa terceira viaxe e pasar á historia como un relevante personaxe en detrimento do cormelán.

Hai varios documentos escritos sobre a figura de Mourelle de la Rúa. A súa biografía, de Amancio Landín Carrasco; o antes citado diario, que mesmo foi traducido ao inglés e publicado baixo o título de Misceláneas; ou a copia da bitácora da súa expedición polo Pacífico que se encontra na Biblioteca Nacional de Canadá.

A nivel local, o historiador cormelán José Manuel Ferreiro Chans, é un dos maiores expertos na figura do almirante. A súa investigación levouno ao Museo de Indias de Sevilla, ao Museo Naval de Madrid ou ao Museo de la Marina de Viso del Marqués (Ciudad Real), onde conseguir as actas de ascenso a tenente e a capitán do almirante ou a súa folla de servizos.

Podes ler máis sobre a figura de Mourelle de la Rúa e ver os documentos recompilados por Ferreiro Chans nesta mesma web,clicando nos seguintes enlaces.

Historiador local

A nivel local, el historiador cormelán José Manuel Ferreiro Chans, es uno de los mayores expertos en la figura del almirante. Su investigación lo ha llevado al Museo de Indias de Sevilla, al Museo Naval de Madrid o al Museo de la Marina de Viso del Marqués (Ciudad Real) donde recabó las actas de ascenso a teniente y a capitán del almirante o su hoja de servicios. 

Puedes ler a reportaxe completa descargando o siguiente documento adxunto ou coñecer máis sobre a figura de Mourelle de la Rúa e de Ferreiro Chans nesta mesma web clicando nos enlaces que che deixamos.

Ligazóns

Descargas

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar