Faro Roncudo Percebeiro cabo Roncudo Cabo Roncudo Cruces do Roncudo Porto de Corme Corme nevado, 1956 Vistas Dunas da Barra Litoral Niñóns e porto de Santa Mariña. Vista aérea Praia de Ninóns Ponteceso de noite

21-03-2013

Unha ruta medioambiental pola costa de Ponteceso, un plan para este Xoves Santo

Miradoiro do Monte Branco.

O Concello de Ponteceso, aproveitando as vacacións de Semana Santa, programa unha ruta de sendeirismo pola costa do municipio. Será o Xoves Santo, día 28 de marzo, e segue a ruta PR-G 148 entre Ponteceso e Corme pola costa, chamada tamén “Camiño da Ribeira”.

O prazo de inscrición finaliza o luns 25 de marzo e os interesados teñen que reservar a súa praza chamando ao teléfono do concello 981714000 ou escribindo un correo a turismoponteceso@ponteceso.net.

Trátase dun percorrido relaxante e ambiental por Ponteceso e o seu ámbito, que mira cara ao río e cara ao mar. Cara ao Anllóns, rico en flora e en fauna, con protección especial, sendo a zona que máis aves migratorias ve pasar de toda Galicia. Cara ao esteiro, é dicir, á unión do río Anllóns e o océano Atlántico, onde se ve a actividade do marisqueo da ameixa e o berberecho. E por último cara ao ancho mar de bateas de mexillóns, de faena de baixura e de paisaxes para inmortalizar.

É unha ruta lineal, de dificultade baixa- media, que percorre unha distancia de 11,3 quilómetros, e para a que se require levar roupa cómoda e deportiva, un calzado apropiado para sendeirismo (a ser posible de Goretex), e unha mochila con auga e chuvasqueiro, por se as inclemencias do tempo o requiren.

Ligazóns

  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Ponteceso
© 2012 Ponteceso. Os Camiños do Mar