Eu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p´ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin ciudade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Uns naceno na máxica Granada,
outros naceno en Málaga famosa,
os outros en Sevilla nomeada,
os outros en Valencia deleitosa;
uns na garrida Cadis, ben soada,
en Barcelona os outros, populosa:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Amabre Ponte-Ceso, anque pequena,
agreste certamente, mas garrida,
cando deixar a mundanal faena
teu bardo e for pasado desta vida,
non t'esquezas de quen, con faz serena,
dixo a toda ciudade fementida:
"Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso".
Mira a tu derecha, cruza la carretera y sube por las escaleras de piedra hasta el siguiente monolito.