Carballos de Carballido,
cando era rapaz deixeivos;
vin despois de muitos anos:
xa vamos vellos.
Pasáranse as alegrías
que trouxera o tempo ledo;
a mocedá fui pasada:
xa vamos vellos.
Eu teño os cabelos brancos,
vós ténde-los gallos secos;
os nosos días pasano:
xa vamos vellos.
Fíxate de novo no relevo do monolito para ver cara cara a onde mira o poeta e poder seguir o teu camiño.